Padrón asesorou entre xuño e agosto a casi 25.000 turistas

A Oficina de Turismo do Concello de Padrón atendeu durante os meses de xuño, xullo e agosto deste ano a un total de 24.809 persoas, 2.850 deles no stand que tivo aberto na feira Turexpo de Silleda. A cifra supón un incremento con respecto ao ano pasado, cando nese mesmo período asesorou a 20.398 visitantes, de acordo con datos da propia oficina municipal.

Dos turistas que pasaron polo punto de información, a maior parte (10.793) o fixeron de forma individual, en parella, familia ou amigos. E, deles, 7.077 eran peregrinos. O resto, 11.166 eran visitantes que chegaron á capital do Sar en grupos.

En canto á procedencia, dende a oficina municipal contan que cada vez é maior a variedade de nacionalidades, de modo que este verán houbo turistas de China, Senegal, Malawi, Guinea Ecuatorial, Xapón, Australia ou Sudáfrica. En algúns establecementos hostaleiros subliñan, ademais, o incremento de turistas de países como Rusia ou Polonia. Polo que se refiere a Europa, este verán destaca a presencia de visitantes Portugal, Alemania e Italia e, de América, Estados Unidos, Canadá e Arxentina.

En canto á estatística anual, de xaneiro a agosto pasaron pola Oficina de Turismo do Concello padronés un total de 35.454 persoas. Esta cifra supón un incremento con respecto aos mesmos meses de 2016, cando o número de visitantes que pasaron polo punto de información foi de 28.472. Dos máis de 35.000 atendidos entre xaneiro e agosto, 8.573 eran peregrinos que percorrían a última etapa do Camino Portugués.

Recorridos guiados

Estas son as cifras oficiais da Oficina de Turismo, aínda que o dato real é, probablemente, moi superior, xa que sempre hai turistas que se achegan asa a capital do Sar e non pasan polo punto de información, xa sexa porque veñen documentados ou con grupos que traen os seus propios guías, entre outras razóns.

Por outra parte, a Oficina de Turismo continuará ata este venres coas visitas guiadas, previa inscripción, cun pequeno percorrido dunha hora de duración polo casco histórico de Padrón. Tratase de visitas temáticas que se centran nos aspectos históricos e literarios da vila.

Publicado en La Voz de Galicia