Padrón conmemora o feito histórico do traslado dos restos do Apóstolo desde Jaffa

Padrón conmemorou o feito histórico da Traslatio, o traslado dos restos do Apóstolo Santiago desde Jaffa, en Palestina, ata Iria-Flavia. O acto organizado polo Concello celebrouse na igrexa parroquial, coa asistencia de feligreses, do goberno local ao completo, o cura párroco de Padrón Roberto Martínez e o director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo, ademáis do alcalde de Dodro e o presidente da Fundación Ruta Xacobea.

Máis información en La Voz de Galicia