Padrón elixe ao locutor Pepe Domingo Castaño como Peregrino de Honra

O locutor Pepe Domingo Castaño foi elixido polo Concello de Padrón como o I Peregrino de Honra. Así anunciouno en Silleda o alcalde, Antonio Fernández Angueira, durante a visita que realizou ao certame Festur, que se celebra xunto a Semana Verde no recinto ferial de Silleda, e no que se promocionan as principais festas e citas gastronómicas padronesas como a romaría do Santiaguiño do Monte, a XII Feira Medieval, e as festas da Pascua e do Pemento de Herbón.