Padrón pide declarar a Pascua Festa de Interese Turístico

Padrón prevé aprobar no pleno de febreiro o expediente de solicitude de Festa de Interese Turístico de Galicia para a Pascua de Padrón. Así o avanzou o alcalde, Antonio Fernández Angueira, que xunto á concelleira de Cultura e Turismo, Lorena Couso Dopazo, presentou na Feira Internacional de Turismo (Fitur), en Madrid, o cartel da Pascua 2019, que este ano se celebrará entre os días 6 e 28 de abril.

A próxima semana entregarán o expediente de solicitude aos grupos da oposición co fin de poder levar a súa aprobación ao pleno de febreiro. Na súa petición fan valer tanto a antigüidade e a continuidade no tempo da festa, como a súa singularidade e arraigamento social, así como o valor cultural das actividades realizadas.

Máis informacion El Correo Gallego 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *