Padrón prepara el Xacobeo

O Concello de Padrón presentou tres proxectos (o máximo permitido por cada solicitante) á convocatoria de axudas O Teu Xacobeo, lanzada pola Axencia Turismo de Galicia para dinamizar o Xacobeo 2021 «e convertelo nunha oportunidade de promoción cultural e turística de tódolos concellos de Galicia», segundo explican fontes do Concello.

As propostas polas que aposta o goberno local baséanse en poñer en valor o trazado da Pedronía; na programación de visitas teatralizadas á Casa de Rosalía na Matanza e á vila de Padrón e, por último, o pintado de grafitis de gran formato, relacionados coa tradición xacobea, para combater o feísmo en determinadas zonas urbanas.

Más información en La voz de Galicia 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *