Padrón presenta unha aplicación de turismo para dispositivos móbiles

O Concello de Padrón presentou esta maña unha aplicación de turismo para dispositivos móbiles, especialmente destinada a visitantes e peregrinos, pero que tamén ten uso para os propios veciños do municipio. A app xa está dispoñible no sistema operativo Android e, en dúas semanas, estarao tamén para IOS.

A aplicación, que está en tres idiomas (galego, castelán e inglés) pon a disposición do visitante información sobre todos os recursos culturais e turísticos do municipio, que aparecen xeolocalizados. A app ten, ademais, un apartado especial para peregrinos e inclúe un listado completo con todos os hoteis, pensións e albergues da vila, ademais da inmesa maioría de bares e restaurantes. Sobre todo ofrece información detallada, desde os menús e prezos aos idiomas que se falan no local ou se teñen aparcamento, terraza ou menú do peregrino, entre outros datos.

Mais información en La Voz de Galicia