Padrón reviviu a Traslatio do Apóstolo Santiago a Iria Flavia

O canónigo da catedral santiaguesa Daniel Lorenzo oficiou a misa solemne coa que a parroquia de Padrón celebra a Traslatio do Apóstol Santiago desde Haffa (Palestina) ata Iria Flavia. O acto central da celebración foi a misa, que comezou ás sete da tarde e á que asistiron, como ven sendo costume, a Corporación Municipal baixo Mazas, e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, encargado de realizar a invocación ao Apóstolo. A liturxia foi cantada polas voces da Coral Polifónica Padronesa e contou con centos de veciños e fieis.

Máis información en El Correo Gallego