Padrón supera a cifra dos 34.000 visitantes no 2015

O municipio afianzase coma destino en Galicia rexistrando a súa maior cifra desde que abreu o servizo municipal.

 Padrón pechou 2015 cun aumento importante de visitantes, un total de 34.499. Así, o reflicte o informe elaborado polo técnico municipal de turismo, no que se menciona tamén que un 97% visitou o municipio por primeira vez, fronte a un 3% que xa o coñecía de estancias anteriores. Os datos sitúan ao Camiño de Santiago coma un dos motivo principais polo que percorrer o municipio (22%) Así, a información recadada amosa que o concello recupera peso na tradición xacobea e as medidas de promoción cumpren coa intencionalidade de atraer novos visitantes.

Os turistas que se achegan a Padrón comprenden as idades de 36 a 60 anos principalmente, representando un 43% do total. Ademais do Camiño de Santiago, as recomendacións e a gastronomía son outros dos motivos polos que os acoden á vila, cun 33% e 19 % respectivamente.

En canto á súa procedencia, un 83% dos visitantes son nacionais, fronte a un 17% que proceden do estranxeiro.  Dentro destes, o 91% son europeos, principalmente portugueses, alemán e franceses. O 6% procede de América, sobre todo de Estados Unidos, Arxentina e Uruguai, fronte ao 3% restante que provén de países do continente africano ou asiático, coma Xapón, Vietnam, China, Sudafrica, Israel ou Corea.

O número de persoas que se achegaron á Oficina de Turismo foi un total de 34.499 visitantes, fronte aos 31.443 que se achegaron no 2014. Asturias, Andalucía e Madrid son, nesta orde, as comunidades das que se recibe maior número de visitantes do país.

O perfil de turista que visita Padrón é heteroxéneo, aínda que este ano na súa gran maioría foron peregrinos realizando unha das súas etapas.

O 67% da información que se proporciona desde a oficina de turismo é sobre Padrón e os arredores. O 33% restante, corresponde a información doutras partes de Galicia, tentando así dar un servizo o máis completo posible.

Un ano máis a oferta turística e cultural de Padrón estará presente no stand de Galicia na Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid este mes. Toda persoa que se achegue poderá atopar folletos informativos, planos da vila e material que resalta os atractivos padroneses. Ao longo do ano, Padrón tamén estará presente noutras feiras tanto nacionais coma internacionais.