Padrón e Galicia es + colaborarán para impulsar a promoción turística e crear paquetes específicos

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, asinou un convenio coas representantes da axencia Galicia es +, María Luisa Ferreiro e Minia del Río, en virtude do cal ambas entidades colaborarán na promoción de Padrón como destino turístico e na creación de produtos e paquetes específicos que permitan atraer máis visitantes.
En virtude deste convenio, Galicia es +, como operador especializado na xestión do territorio para un uso turístico, comprométese a promocionar Padrón como destino turístico e a comercializar durante todo o ano produtos que inclúan ou transcorran por este termo municipal: excursións, escapadas, paradas, tours, itinerarios, etc. Así, un dos obxectivos que se perseguirá será o de posicionar Padrón no mercado turístico con produtos innovadores vinculados á lamprea do Ulla, escapadas para singles e millenials, etc. Ademais, Galicia es + comprométese a apoiar a dinamización económica e turística de Padrón contando coas empresas e profesionais do municipio.
Pola súa parte, o Concello de Padrón asume o compromiso de darlle visibilidade desde a Oficina de Turismo -co material que proporcione a propia axencia-, a páxina web e as redes sociais aos produtos turísticos de Galicia es +.
A concelleira de Turismo, Lorena Couso, que tamén estivo presente na sinatura do convenio, destaca que este acordo con Galicia es + “non implica gasto algún para o concello e vai repercutir significativamente na divulgación de Padrón como destino turístico
Concello de Padrón
Nota de prensa
www.padron.gal
potenciando aínda máis un sector que consideramos estratéxico para a economía local”. Ademais, salienta que “non se trata dun acordo exclusivo, senón que o Concello de Padrón segue aberto a novas colaboracións con outras axencias e touroperadores que propoñan acordos vantaxosos para Padrón”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *