Quen somos

Terras de Iria comprende os concellos de Rois, Padrón e Dodro. Correspóndese coa coñecida comarca do Sar. Estas terras que espertaron o interese dos romanos, ofrécenlle ao visitante un riquísimo patrimonio cultural, etnográfico, patrimonial, natural e gastronómico.

En Terras de Iria nace o Camiño de Santiago, tras a chegada ao antigo porto de Iria Flavia do corpo do Apóstolo Santiago.

Ademais, nestas paraxes impregnadas de cultura xacobea viviron autores galegos do talle da escritora Rosalía de Castro e do Premio Nobel Camilo José Cela.

A fertilidade da zona propicia que sexamos un referente gastronómico grazas a manxares como os famosos pementos de Herbón, albergando ao mesmo tempo importantes ecosistemas como as Brañas de Laíño, unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia.