Rosalía renace en todos os galegos

A segunda Gala Rosaliana organizada polo Concello de Padrón en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro sacou á rúa a estudantes dos centros educativos de primaria e secundaria do municipio, para conmemorar que un 24 de febreiro de hai 182 anos nacía a escritora do Sar. Coa música tradicional da Asociación Cultural Rosalía de Castro, fixeron unha ofrenda floral ante a estatua da escritora no paseo do Espolón, antes de percorrer as rúas e ir ao auditorio municipal para un recital poético, acompañados polo alcalde, Antonio Fernández, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, amais doutros concelleiros da corporación local.

Máis información en La Voz de Galicia