Festa da Tortilla Xigante de Carcacía - Padrón

Esta festa gastronómica comezouse a celebrar en 1987 durante as festas do Santo Isidro de Carcacía (Padrón).

A súa singularidade radica no produto: unha tortilla xigante recoñecida como a máis grande do mundo no Libro Guinnes dos Records de 1988.
Para a preparación desta peculiar tortilla empréganse aproximadamente 1.200 quilogramos de patacas, 8.000 ovos, 50 quilogramos de chourizos, 380 litros de aceite e 15 quilogramos de sal. Todo elo cociñado nunha tixola de enormes dimensións conseguindo unha tortilla de 3,5 metros de diámetro e 15 centímetros de espesor.

Ademais, ao longo da xornada, realízanse diferentes eventos como concertos de charangas, bailes rexionais, actividades de turismo activo, obradoiros e manualidades para os máis pequenos, xogos populares e exposicións para o deleite de todas as persoas que se acheguen á festa.

Festa da Tortilla Xigante de Carcacía – Padrón 

Imaxes da Comisión de Festas