Pascoa

As festas da Pascua no concello de Padrón son uns dos festexos máis importantes que se celebran na vila rosaliana contando cunha tradición de séculos de antigüidade.

En 1609, Xerónimo del Hoyo, cardeal de Compostela, escribiu sobre as nosas feiras de gando. Xa daquela, unha das máis importantes de Galicia celebrábase no Campo Grande e nun souto de castiñeiros “chegando a elas todo xénero de mercadorías, e gandos, que ían  mercar mercadores casteláns e portugueses, para a provisión das súas terras”. Realizábanse varias veces ao ano “A primeira é por Pascua de Flores e dura tres días; a segunda, por ledanías e dura outros tres; a terceira, por San Xoán e dura dous días;  a cuarta, pola Nosa Señora en setembro e dura tres días; e a derradeira, por Todos os Santos e dura dous. As mellores son as de Pascua, ledanías e setembro” (Xosé Filgueira Valverde, Pascua 1995).

Arredor desta feira de gando uniuse o carácter festivo e relixioso, xa que coincidía coa Semana Santa en proximidade de datas, convertíndose actualmente nun referente das festas galegas.

O Concello de Padrón convida a todos os pascueiros e pascueiras a gozar dos preto de 15 días de ambiente festivo, procesións, atraccións, casetas de polbo, feiras, música… e un amplo abano de actividades para todas as idades.

Programación completa Pascua 2017

Festas da Pascua – Concello de Padrón