San Xoán do Raio

Patrón do Concello de Padrón que se celebra o 6 de maio.

As orixes desta festividade remóntanse ao ano 1613. Nesta época, un raio caíu sobre a Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia durante o transcurso da misa dominical.

O incidente tan só causou danos materiais destruíndo unha das torres da antiga colexiata pero sen afectar a ningún dos alí presentes.

Desde este momento, á iniciativa do Cabildo de Iria, se constituiu a festividade, coincidindo coa época en que en Santiago, comenzan a conmemorarse os Milagres que se apoian na protección das xentes e os edificios relixiosos de raios ou terremotos por parte de diferentes Santos.

Deste xeito, ao longo destes anos perpetuouse unha tradición na que se conxuga a celebración relixiosa coa profana.