Rutas Culturais

En Terras de Iria podemos gozar de varias rutas culturais, varias delas en Padrón. Esta vila é un Municipio de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2000, grazas á multitude de recursos de que dispón nas súas terras, tanto culturais coma históricos, etnográficos, naturais e gastronómicos. Por este motivo recompilouse toda a riqueza cultural en varias utas que transcorren por este territorio.

Audioguía de Padrón ↓

Audioguía de Padrón: Se a túa elección é coñecer a nosa historia e os nosos monumentos mediante un percorrido urbano interactivo, podes facelo grazas ás nosas AUDIOGUÍAS. O Concello de Padrón pon á túa disposición un reprodutor MP3 que che facilitará o descubrimento do lugar que lle deu orixe á tradición xacobea e onde as lendas e a historia se uniron para crear unha vila histórica inigualable.

Pensada para percorrela a pé, a ruta ten unha lonxitude de aproximadamente 3 quilómetros e unha duración estimada de dúas horas e media.  A maior parte do percorrido transcorre polo centro urbano  e presenta unha dificultade baixa. Soamente un tramo, na subida ao Santiaguiño do Monte, a ruta adquire unha dificultade media. Se che resulta difícil subir pendentes ou escaleiras, poderá comprobar a existencia dun camiño alternativo para chegar en coche.

O traxecto comeza e finaliza na Oficina de Turismo e finaliza. Para seguilo, abonda con lles prestar atención ás indicacións presentes na audioguía.

Recorde que está dividida en pistas e que en calquera momento podes parar, volver escoltar a pista, avanzar ou retroceder.

Como complemento á audioguía, o Punto de Información proporciona un plano do percorrido.

audioguia
Condicións

Podes solicitar o  reprodutor MP3 e o folleto co mapa na Oficina de Turismo. Deberás ensinar o teu DNI ou pasaporte para tomar os teus datos e asinar unha declaración, que está a disposición na Oficina de Turismo, comprometéndote a devolver o reprodutor en perfectas condicións. O prezo por alugar a audioguía é de 3 euros.

Dende a súa entrega, poderás dispor dun reprodutor durante un máximo de catro horas, pero para recuperar a fianza deberás devolvelo media hora antes do peche da Oficina de Turismo.

Lembra que o horario da Oficina de Turismo é o seguinte:

-De  luns a sábado: 10.00 h – 14.00 h e 16.15 h – 19.00 h

-Domingos e festivos: 10.00 h – 13.30 h

Non obstante, estamos á túa disposición para calquera dúbida ou cuestión que che poida aparecer sobre estas e outras cuestións relativa ao noso municipio. Por iso, non dubides en pasar a informarte nas nosas dependencias no seguinte enderezo:


Ver mapa más grande

Oficina de Turismo: Avda. de Compostela s/n – Fondo de Vila

Se o prefires, podes contactar con nós telefonicamente chamando ao 645 593 319.


Ruta da historia ↓

Ruta da historia: Permite un percorrido polo centro histórico de Padrón a través da súa historia, internándose nas súas rúas e prazas medievais, nas antigas portas da vila amurallada e nos edificio máis emblemáticos do centro, como por exemplo o Palacio de Quito; a fonte do Carme, do S. XVI; o convento do Carme, do S. XVIII; o antigo depósito de sal,  do S. XII, o  “Alfolí do Sal”.


Ruta literaria ↓

Ruta literaria: Padrón é unha vila que conta cunha larga e histórica tradición literaria. É berce de escritores importantes de todas as épocas como Macías “O Namorado”, trobador medieval; Juan Rodríguez de la Cámara; Rosalía de Castro, impulsora do Rexurdimento cultural de Galicia e precursora da poesía castelá moderna; Nicasio Pajares; Manuel Vázquez Castro, “ Manuel Barros”; e Camilo José Cela, premio Nobel de Literatura en 1989. A través desta ruta vanse descubir todos os recunchos literarios padroneses, así como as dúas fundacións, a de Rosalía de Castro e a de Camilo José Cela.

plano del recorrido


Ruta da traslatio ↓

Ruta da traslatio:  É en Padrón onde a tradición xacobea atopa a súa orixe. Considerado o berce do xacobeo, Padrón é o lugar onde chegou a barca que traía dende Palestina os restos do Apóstolo Santiago para seren enterrados nun lugar onde el estivo predicando. Con este percorrido a pé por Padrón descóbrense todos os elementos da tradición xacobea que se agochan entre as rúas a través da historia, como por exemplo o Pedrón, ara romana onde se amarrou a barca apostólica.

plano del recorrido


Ruta do románico ↓

Ruta do románico: Esta ruta desenvólvese entre as terras de Herbón e o río Ulla, que se atopa a uns 3 quilómetros do centro histórico, zona onde se cultivan os afamados pementos de Padrón. Aquí podemos admirar o mosteiro Franciscano de Herbón, fundado en 1396, a igrexa románica de Santa María de Herbón ou as pesqueiras das lampreas, as cales se remontan á época romana.

plano del recorrido


Ruta literaria 'Pensa en Nao' ↓

Ruta literaria “ Pensa en Nao”: ruta literaria baseada na novela “Pensa en Nao”, de Anxo Angueira, actual presidente da Fundación Rosalía de Castro.
A ruta comeza en Manselle, no Concello de Dodro, e ofrécelle ao camiñante paisaxes naturais de gran beleza, ademais do rico patrimonio cultural e etnográfico da zona.

Enlace: http://www.concellodedodro.org/conece-dodro


Rutas temáticas ↓

audioguia

Castellano

audioguia

Galego

audioguia

English

audioguia

Deutsch

audioguia

日本人