Onde nace o Camiño

Terras de Iria ten unha forte vinculación co Camiño de Santiago e coa figura do Apóstolo. É nestas terras onde, segundo narra a tradición xacobea, Santiago o Maior difundiu as palabras do cristianismo converténdose no lugar no que, trala súa morte en Haffa (Palestina), dous dos seus discípulos, Teodoro e Atanasio, decidiron soterrar seus restos. Foron precisamente Teodoro e Atanasio os encargados de acompañar o corpo sen vida do Apóstolo emprendendo unha singladura que tería o seu punto final no Porto de Murgadán, Iria Flavia, amarrando a súa chegada a barca que os transportaba a un ara romana, o Pedrón, situado actualmente baixo o altar maior da Igrexa de Santiago, no municipio de Padrón.
De este modo Padrón pasou a converterse no Berce do Xacobeo e así o atestiguan diversos elementos que nos encontramos ao longo do municipio.
Padrón, como vila medieval, nace nun cruce de camiños, lugar de peregrinacións desde a Idade Media. No municipio existen dous Camiños de Santiago que se cruzan: o Camiño Portugués, que presumiblemente xa existía na época altomedieval; e a Ruta do Mar de Arousa e o río Ulla que conmemora a chegada a Galicia por mar do corpo do Apóstolo Santiago
.

Albergue de Padrón

Situado nunhas dependencias anexas ao Convento do Carme, ten capacidade para 46 personas.

Consta de dúas plantas repartidas sobre unha superficie de 311.60 m2. No primeiro andar atópase o dormitorio xeral no que que hai 42 plazas. Na planta baixa sitúase un dormitorio para personas con movilidade reducida con 4 camas.

Tamén dispon de cociña, comedor e duchas.

Información:

Ubicación: Rúa Costanilla do Carmen s/n | 15900 Padrón (A Coruña)
Tfno. Contacto: 673-656.173
E-mail: alberguepadron@gmail.com
Número de prazas: 46
Prazas en litera: 46
Tipo de habitación: Común
Temporada de apertura: Todo el año
Horario de apertura: 13:00 – 22:00
Servizos: Duchas con auga quente / Cociña (sen menaxe) / Lavadeiros
Prezo: 6€

A continuación preséntase a derradeira etapa do camiño, que se realiza dende Padrón a Santiago, onde se poden ver os lugares por onde transcorre, os servizos etc.

Conmemorando o paso e a importancia destos dous camiños, é en Padrón onde podemos obter dúas credenciais que atestigüen o noso paso pola vila:

DIPLOMA TRASLATIO XACOBEA ↓

A Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla foi recoñecida como un dos camiños de Santiago, segundo a Lei da Xunta de Galicia 3/1996 de 10 de maio de Protección dos Camiños de Santiago, a cal conmemora a Traslación dos restos do Apóstolo Santiago desde Haffa (Palestina) a terras galegas.

Como se obtén?

Peregrinando dende: Os portos de saída, onde se facilitará a Cartilla de Navegación. O Porto Deportivo de Pedras Negras en San Vicente do Mar, ou o de Ribeira son os principais pero a singladura poderá iniciarse en portos xeográficamente anteriores, incluso internacionais.

Que requisitos se esixen?

Nos portos de saída colocarase o primeiro selo e o navegante debe obter polo menos dous selos máis nalgúns dos portos dos concellos que se sitúan nas marxes da ría de Arousa ou do río Ulla. Obrigatoriamente cada selo corresponderá como mínimo a un porto de cada lado da ría, onde se permanecerá polo menos unha hora.

– Non se establece límite temporal para a realización da ruta.

– Unha vez chegados a Padrón, é preciso obter o selo do Concello e o da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

– Visitar os lugares xacobeos de Padrón:

– Igrexa parroquial de Sta. María de Iria Flavia, antiga sede episcopal.
– Fonte do Carme, representación da Traslatio e do bautismo da raíña Lupa.
– Santiaguiño do Monte.
– Pedrón, situado baixo o altar maior da igrexa de Santiago de Padrón, lugar ao que se amarrou a barca que trouxo os seus restos dende Haffa, en Palestina.

A quen se lle expide?

A quen peregrine a Padrón mediante calquera tipo de embarcación a través da Ría de Arousa e do río Ulla, e que a continuación realicen o tramo a pé ata os lugares xacobeos da vila padronesa.

– Deberá selar a carta de peregrinación no porto de saída e cubrir os datos persoais que se lle piden.

– Ao chegar a Padrón e unha vez visitados os lugares xacobeos, selaráselle a “Cartilla de navegación” cun selo oficial padronés e co da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla. Logo faráselle entrega da Traslatio xacobea, que acreditará ter realizado o camiño xacobeo cara ao lugar ao que chegou a nave.

– Todo aquel que o desexe poderá culminar a ruta da traslación a pé, ata a cidade de Santiago de Compostela, onde poderán obter un novo selo.

Onde se entrega a Traslatio Xacobea?

No albergue de peregrinos de Padrón.


A PEDRONÍA ↓

En Padrón, desde o ano 2010, expídese unha credencial propia, “A Pedronía”, en lembranza do desembarco.

Nueva imagen (2)

Como se obtén?

Peregrinando desde:

– Santiago de Compostela – Padrón

– Dende calquera localidade da Ría de Arousa a Padrón (vía marítimo –fluvial)

– Dende calquera concello distante de Padrón un mínimo de 18 km.

Que requisitos se esixen?

Visitar os lugares Xacobeos de Padrón:

– Igrexa parroquial de Sta. María de Iria Flavia, antiga sede Episcopal
– Fonte do Carme, representación da Traslatio e do bautismo da raíña Lupa
– Santiaguiño do Monte.
– Pedrón, situado baixo o altar maior da igrexa de Santiago de Padrón, lugar ao que se amarrou a barca que trouxo os seus restos dende Haffa, en Palestina.

A quen se lle expide?

A quen peregrine por calquera destes medios:

– A pé, a cabalo, en bicicleta, mediante calquera tipo de embarcación a través do río Ulla ata o río Sar en Padrón, con embarcacións de pequeno calado; ou ata o porto de Padrón (A Ponte), no río Ulla, con embarcacións de gran calado. A continuación é preciso facer un tramo a pé ata os lugares xacobeos da vila.

– Cómpre baixar a seguinte acreditación impresa: CARTA PARA A OBTENCIÓN DA ACREDITACIÓN DA PEDRONÍA. Pode consultar tamén as BASES DE OBTENCIÓN DA ACREDITACIÓN DE PEDRONÍA.

– Hai que selar a carta de peregrinación no concello de saída, oficina do peregrino, turismo, albergue ou dependencias municipais cun selo oficial ou cun selo xacobeo da localidade e cubrir os datos persoais que se lle pidan.

– Ao chegar a Padrón, logo de visitar os lugares xacobeos, selaráselle a carta de peregrinación co selo oficial padronés e entregaráselle a Pedronía, que acreditará ter feito o camiño xacobeo cara ao lugar ao que chegou a nave.

Onde se entrega a Pedronía?

No albergue de peregrinos de Padrón.