PREMIO DE INTERPRETACIÓN TEATRAL MARUXA VILLANUEVA
O Premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva empezou a súa andaina no ano 2001, en conmemoración de Maruxa Villanueva, cantante nos seus inicios profesionais e que se converteu aos poucos anos nunha grande actriz teatral, principalmente en terras arxentinas, onde pasou varios anos da súa xuventude. A finais dos anos 60 instálase en Santiago de Compostela, onde entra en contacto co Padroado Rosalía de Castro, a quen lle vai axudar a conseguir fondos para a restauración da Casa-Museo Rosalía de Castro. Por mor disto, fíxose unha gran coñecedora da vida e obra da autora padronesa e pasou a atender ela mesma a Casa-Museo dende a súa apertura.
Maruxa Villanueva obtivo en vida moitas distincións, entre as que se pode destacar a homenaxe recibida na súa aldea natal de Barrela, en 1991, o mesmo ano en que a Xunta de Galicia lle impón a Medalla Castelao. Xa en 1993, foi nomeada presidenta de honra da Asociación polos Dereitos do Emigrante Galego en Buenos Aires. Postumamente recibe tamén o premio María Casares de teatro.
Por todo isto, no seu nome, en Padrón créase tras a súa morte o Premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva.
O galardón outórgaselles a actores ou actrices que participaran nun espectáculo teatral galego durante o ano vixente, ou no seu caso a un actor ou actriz pola súa recoñecida traxectoria neste ámbito. Este premio, dotado economicamente, acompáñase da entrega dun diploma acreditativo e dunha figura de bronce co busto da actriz Maruxa Villanueva.
O premio resólveo o xurado designado por resolución de alcaldía do Excmo. Concello de Padrón, que estará formado polo menos por catro persoas especializadas no teatro galego propostas pola concellería de Cultura e por un representante nomeado por cadanseu grupo político da corporación municipal.
A relación de premiados ata o de agora é:
Ano 2001: Roberto Vidal Bolaño
Ano 2002: Susana Dans
Ano 2003: Rosa Lavarez Cabo
Ano 2004: Manuel Lourenzo Pérez
Ano 2005: Xan Cejudo
Ano 2006: Ana Valles
Ano 2007: Luísa Merelas
Ano 2008: Xosé M. Olveira “Pico”
Ano 2009: Gonzalo M. Urugarte
Ano 2010: Víctor Mosqueira
Ano 2011: Patricia de Lorenzo
PREMIO DE POESÍA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN
A relación de autores/as e obras premiadas, así coma as editoriais nas que éstas foron publicadas ao longo da vida deste prestixioso certame é a seguinte:
1988 Xosé Manuel López “Ardeiro” O matiz esmeralda na sombra.
1989 Gonzalo Navaza, Fábrica íntima.
1.990 Xavier Rodríguez Barrio, Alborada no muro.
1991 Helena Villar, Nas hedras de Clepsidra.
1992 Palmira Gonzalez Boullosa, Asoladamente, o teu nome.
1.993 Xavier Cordal, Fruto do Teixo.
1994 Xosé Manuel Millán Otero, As palabras no espello.
1995 Xosé Miranda, Amantes e viaxeiros.
1996 Isidro Novo, Dende unha nada núa.
1997 Emma Couceiro, As entrañas horas.
1998 Estevo Creus, Teoría do Lugar.
1999 Emma Pedreira, Grimorio.
2000 Carlos Penela, Acaso o inverno.
2001 Xosé Lois Rúa, O tránsito da auga.
2002 Eduardo Estevez. Caderno apócrifo da pequena defunta.
2003 Mary Comesaña Besteiros, Zoonose.
2004 Lupe Gómez, Azul estranxeira.
2005 Mariña Pérez, Fanegórama.
2006 Rafa Villar, Escoración dos días.
2007 Nieves Soutelo, Código poético.
2008 Xabier Xil Xardón, Cando menos a derrota.
2009 Xosé Daniel Costas Currás, Conservas
2010 Luis Valle Regueiro, Fedor.
2011 Isaac Xubín, Con gume de folla húmida.
2012 Serxio Iglesias, Viaxe ao interior da fenda.
PREMIO LITERARIO CAMILO JOSÉ CELA DE NARRATIVA
O premio literario Camilo José Cela de narrativa realízase como homenaxe perpetua á figura humana e literaria do egrexio escritor Premio Nobel de Literatura en 1989 e nado de Iria Flavia (Padrón).
Este premio vense celebrando dende 1990 cun grande éxito de participación tanto nacional coma internacional, xa que a figura de Camilo José Cela é estudada en varias partes do mundo.
Os relatos que se presentan ao concurso deben ter unha extensión de 12 a 25 folios e seren inéditos e orixinais, escritos tanto en galego coma en castelán.
Un xurado, designado por resolución de alcaldía do Excmo. Concello de Padrón, que baixo os principios de publicidade, transparencia, igualdade, non discriminación e obxectividade, emite o seu veredicto para logo facelo público nos medios de comunicación.
O galardón está dotado por un premio de 1.500€ e unha figura do escritor Camilo José Cela.
A relación de premiados ata o de agora é:
AÑO |
AUTOR |
TÍTULO |
1990 |
Manuel Riveiro Loureiro |
Caladamente |
1991 |
Carlos Arias Iglesias |
O Barco do Seixo |
1992 |
(Deserto) |
|
1993 |
Antonio Rivero Coello |
Valquiria |
1994 |
Luis Manuel García Méndez |
La guerra de los escribas |
1995 |
Xoan Piñeiro Cochón |
Estromil |
1996 |
Luis Manuel García Méndez |
Sueños |
1997 |
Carmen Paya Ferrando |
Dos latidos |
1998 |
Antonio Manuel García Méndez |
Sñick |
1999 |
Antonio Luis Vera Velasco |
Hacedor de patria |
2000 |
Miguel López Crespí |
La inundación |
2001 |
Francisco Rozados Rivas |
Unha campá na congostra de Rebordechao |
2002 |
Lorenzo Luengo Regalado |
Porque esta es mi sangre |
2003 |
David Couto Mallou |
La vereda de los justos |
2004 |
Enma Pedreira Lombardía |
Silencio polas sereas |
2005 |
Juan Casas Rigall |
As sombras de Perseo |
2006 |
Beatriz Olivenza Bernardo |
Los que habitan la noche |
2007 |
Francisco Alfaro Mora |
Dicen que dicen |
2008 |
David Nieto Rodríguez |
Perros en libertad |
2009 |
Félix Juan Jerónimo Beltre |
Variaciones del frío |
2010 |
José Manuel Moreno Pérez |
Mutación |
2011 |
Javier Alejandro Mariscal Crevoisier |
El perseguidor |
2012 |
José Luis Castro Lombilla |
Aviso importante |
[imageaa id=2633]
CERTAME ARTÍSTICO E LITERARIO DE RELATO BREVE E POESÍA (Concello de Rois)
O Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor celébrase todos os anos o 23 de abril, data na que se pon de manifesto o papel que desempeña o libro na sociedade dos nosos días. En Galicia, coincide esta data moi próxima ao Día das Letras Galegas, o 17 de maio, día en que Galicia honra as súas letras e a súa lingua. Estas celebracións son o motivo polo que cada ano se pon en marcha o Certame artístico e literario de relato breve e poesía
A participación no Certame está aberta a todas as idades e nel establécense as seguintes categorías: ata 6 anos, 7-8 anos, 9-11 anos, 12-14 anos, 15-17 anos e maiores de 18 anos.
As persoas participantes deben presentar un único texto en galego, orixinal e inédito, para o que se estipula un máximo de dez folios (narrativa) ou de 10 a 60 versos (poesía). É requisito indispensable incorporar algún elemento característico ou algunha referencia ao Concello de Rois.
A entrega de premios ás dúas mellores obras de cada categoría ten lugar o 15 de maio, día do Santo Isidro, patrón de Rois, data en que se expoñen ao público todos os traballos presentados.