Un coñecido hostaleiro de Padrón abrirá nos próximos días o albergue Rossol

O albergue Rossol abrirá nos próximos días en Padrón. De iniciativa privada, o seu titular, Constantino Gómez Mejuto, padronés de 54 años, é un coñecido hostaleiro da vila que acaba de reabrir o seu café-bar nun inmoble da praza Rodríguez Cobián, despois de traballar durante 33 anos na rúa Rosalía de Castro.

O aloxamento turístico disporá de 18 prazas en literas, nun local con ascensor, climatización para frío e calor, insonorización, red wifi en todo o edificio, ordenadores para acceder a Internet, taquillas, baños completos (incluido secador de pelo e dosificadores de xel e champú), zona para o calzado e sala de estar, entre outros servizos.

Máis información en La Voz de Galicia.