Un libro pon o broche ao centenario de Camilo José Cela

Unha publicación pecha as actividades organizadas con motivo do centenario do nacemento de Camilo José Cela. «Este libro es un balance del año», asegurou  Adolfo Sotelo, coordinador do traballo durante a súa presentación na Cidade da Cultura. Camilo José Cela (1916-2016). O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade recolle contidos relacionados coas exposicións que se realizaron na Biblioteca Nacional de España e no Museo Gaiás e, ademáis, artígos de especialistas e intelectuais que abordan a traxectoria persoal e literaria do autor de La colmena, como Darío Villanueva, César Antonio Molina ou Ernesto Sánchez Pombo.

Máis información en La Voz de Galicia