Un Santiaguiño dos bos

A praia non poido onte coa romaría do Santiaguiño do Monte de Padrón. A partir das doce e media da maña, o monte foise enchendo pouco a pouco de romeiros e do ambiente, como nos bos anos da celebración. Moitos subiron á área recreativa en coche, pero tamén houbo quen o fixo polas escaleiras, pese a que a calor apretaba a medida que se subía.

No monte, familias, amigos e compañeiros de traballo tiñan as mesas e manteis montados para pasar a xornada. No medio, moitos romeiros que estaban no monte de pasada, para ver o ambiente, escoitar a música tradicional galega e, por supuesto, degustar as sardiñas, o pan de millo e os cachelos que, un ano máis, repartiu o Concello de forma gratuita. Foron 400 kilogramos de sardiñas (cen máis que o ano pasado), uns 200 de pan e outros tantos de cachelos pero, á vista da longa cola que se formou, xa antes do reparto, seguro que fixeron falla.

Máis información en La Voz de Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *