Saborea-Padron-2016

O venres 21 de outubro fíxose entrega dos premios do certame, que acadou a súa sexta edición

Saborea Padrón ofreceu no mes de outubro 16 formas de degustar o municipio así como varias actividades gastronómicas, turísticas, de entretemento e divulgación. Baixo o lema ‘Padrón é sabor en esencia, Todo suma’, a sexta edición do tradicional concurso de tapas organizado pola Concellería de Turismo de Padrón pechou cun balance positivo, sumando máis participantes ca nas edicións anteriores.

 Os establecementos gañadores desta sexta edición, segundo as votacións dos participantes, foron: en primeiro lugar o Café Século XX coa tapa ‘Volta ao berce’, o segundo lugar foi para Café Bar as Camelias con ‘Camiño a Padrón’, e o terceiro lugar para o restaurante Chef Rivera coa tapa de ‘zamburiñas, millo, pementos, tomate e shot de limón’.

O xurado profesional, composto polos establecementos gañadores dos concursos de tapas das localidades veciñas de Santiago, Vedra e Silleda, escolleu aos seguintes gañadores: 1º posto para O Secreto do Viño con ‘Secretos de Padrón’, o 2º posto para o restaurante Chef Rivera coa tapa de ‘zamburiñas, millo, pementos, tomate e shot de limón’ e en 3º lugar o Café Século XX con ‘Volta ao berce’. Para os galardoados, hoxe fíxose entrega dun Diploma, dunha placa para o vencedor do público, e dun trofeo para o gañador do xurado.

Premios para establecementos e público participante

En canto aos premios para o público, repartíronse 4 vales económicos para gastar nos locais participantes da vila; unha fin de semana de Outono Gastronómico para unha persoa escollida entre os participantes con 8 selos ou máis no tapasporte do concurso; e un menú de Outono Gastronómico para 2 persoas para o gañador do concurso de Facebook. Hoxe fíxose entrega de todos os vales, que poderán ser consumidos ata o mes de decembro. Sobre os galardoados, cabe destacar que os premios foron moi repartidos, habendo gañadores de Santiago, Brión, Redondela e Padrón.

Actividades

As actividades orientadas a poñer en valor os recursos patrimoniais da vila, co obxectivo de dinamizar a economía local e atraer tanto a visitantes como a turistas, sumaron máis de 150 participantes na súa totalidade. Entre elas destacaron o gastrodebate, unha visita teatralizada á Casa de Rosalía e a Fundación Pública Galega Camilo José Cela que rematou cun acto final no Espolón; unha visita guiada á vila de Padrón e unha visita a Herbón.

Remata así unha nova edición, que apostou por ir máis alá dun concurso de tapas incluíndo o evento en programacións turísticas que se prolongarán máis alá do Saborea Padrón.

NOTAS DE PRENSA EN MEDIOS:

El Correo Gallego  ‘Volta ao berce y Hamburvedra, coronadas como mejores tapas’

La Alacena Roja Saborea Padrón entregó sus premios

Coruña Hoy   Padrón está “para chuparse los dedos

Galicia Confidencial: ‘Saborea Padrón’ pecha a sexta edición do seu concurso de tapas con máis participantes que nas anteriores