Escapada de autor en Padrón ‘Entre pratos e literatos’

Escapada para gozar Padrón visitando os lugares relacionados cos coñecidos autores vinculados a Padrón: Rosalía de Castro, Camilo José Cela e tamén o esquecido Shakespeare de Padrón: o trobador Macías o Namorado. Coincidindo coas xornadas gastronómicas de Saborea Padrón, a escapada inclúe vales de tapas para gozar da gastronomía en miniatura.

Inclúe:

  • Aloxamento senlleiro en Padrón: Casa da Meixida, Casa de Marcelo, Os Lambráns
  • Vale de tapas para Saborea Padrón: 3
  • Entradas a Museos: 2 (Casa de Rosalía e Fundación PG Camilo José Cela)

PVP: desde 35,40 euros / persoa

Pack Gold consultar: + Comida ou cena no restaurante A Casa dos Martínez

En datas concretas pode incluír no prezo: visita teatralizada aos Museos, visita guiada a Padrón, visita a Herbón, e gastrodebate con degustación.

+ info e reservas Viajes Alma Gaia

literario