INFORMACIÓN DO CONCURSO


Padrón acolle as VII Xornadas Gastronómicas Saborea Padrón dende o venres 6 ao domingo 15 de outubro do 2017.

É unha iniciativa para a promoción e posta en valor da hostalería padronesa e a nosa gastronomía,  que conta cunha grande calidade .

O público pode votar a súa tapa favorita do evento que lle serán entregados coa consumición. Unha vez cubertos, hai que depositalos nas urnas do evento presentes en todos os establecementos participantes.

BASES DO CONCURSO


As VII Xornadas Gastronómicas Saborea Padrón é unha iniciativa de promoción e posta en valor da hostalería padronesa, que conta cunha grande calidade. A iniciativa vai dirixida a promocionar este produto turístico de forma coordinada e ordenada, atendendo sempre a un obxectivo xeral e común que consiste en dar a coñecer Padrón como produto turístico global nos segmentos de mercado reais e potenciais, considerando dito destino turístico como posible instrumento de desenvolvemento económico, social e cultural.