PREMIOS PÚBLICO


PREMIOS PARA OS USUARIOS

As persoas que participen co seu voto na elección da mellor tapa participa simultaneamente no sorteo de diferentes vales:

  • 1 vale de 40€ para consumicións no establecemento gañador.
  • 3 vales de 20€ cada un para consumicións nun dos establecementos participantes (o vale non se fracciona)

En cada pasaporte deberá estar selado un mínimo de 3 locais participantes diferentes.


SORTEO ESPECIAL

Todas aquelas tarxetas cubertas cos selos da metade dos establecementos participantes (8 establecementos) entrarán no sorteo dun premio especial:

  • Fin de semana gastronómico para 2 persoas. Consta de:

– Aloxamento con almorzo para 2 persoas en casa rural (a escoller entre 8 aloxamentos, 2 en cada provincia galega) para unha fin de semana.

– 2 menús gastronómicos para cada persoa.


O sistema de reconto dos votos emitidos polo público farase mediante a suma de todos os votos obtidos.

Cada pasaporte consta de casillas onde deberán de selar os establecementos onde se deguste a tapa e votar entre un e tres puntos a nota que se da á tapa consumida.


Deberase completar correctamente a información persoal requirida no cupón de votación sen lugar a excepcións.

PREMIOS CONCURSO FOTOGRÁFICO EN FACEBOOK

Celébrase durante o período das xornadas gastronómicas e desenvolverase a través da páxina de Facebook.

Todas as fotografías participantes entrarán nun sorteo de:

  • Menú gastronómico para 2 persoas dentro do programa do Outono Gastronómico consistente en 1º e 2º prato, postre e viño de DO galega.

PREMIOS ESTABLECEMENTOS


Unha vez finalice o evento e en función do reconto dos votos recibidos, anunciarase o/a gañador/a á mellor tapa por parte do público, coa entrega:

  • Dunha placa conmemorativa para o establecemento
  • Diploma acreditativo.
  • Participar cunha actividade no programa Saborea Padrón do ano seguinte
  • Posibilidade de representar a Padrón noutros eventos gastronómicos que se celebren noutros concellos.

Un xurado avaliará cal é a mellor tapa. Ao establecemento gañador se lle fará entrega dun trofeo, o cal, estará exposto no seu local durante o ano vixente. Unha vez pasado o ano, na celebración das seguintes xornadas, o establecemento gañador pasará o testigo e o trofeo, ao establecemento gañador da seguinte edición.


Temática

O Camiño de Santiago é o fío argumental en todas as tapas.

Fases do concurso

Duración do concurso: Durante os días 7, 8, 9, 14, 15 e 16 de outubro. Os establecementos inscritos terán a disposición do público e en cantidade suficiente a tapa coa que participan. O prezo de cada tapa é de 1,50 € (bebida non incluída). A cada local participante entregaráselle un folleto coas bases,e votación para que o público introduza os seus votos nunha urna precintada. O horario de tapeo establecerase dende as 13.00 ás 15.00 e de 20.30 ás 23.30 horas.

Entrega de Premios

Tanto o premio ao gañador/a, como os vales que se darán ao público, entregaranse no mesmo acto. A data será comunicada con tempo por parte da organización.