Contos, lendas, historias cheas de segredos… que hai de realidade? O domingo 8 de outubro pola tarde (17.30 h. ) teremos a oportunidade de descubrir o Convento Franciscano de Herbón da man dos seus frailes.

Un convento que escribiu a historia de Herbón en Padrón.  No ano 1396 fray Gonzalo Mariño e fray Pedro de Nemancos fundaron este Convento. Pasou por diferentes etapas sendo colexio de misioneiros, seminario menor, convento e colexio. Na actualidade viven varias persoas da comunidade franciscana totalmente integrados cos veciños que colaboran coa organización de festexos coma os día de San Antón ou de San Benito.

Chamado “La Verna” pola comunidade franciscana, e descrito por eles como que “ten as cores do outono e a luz do seu atardecer”, escollemos este día e esa hora para facer esta visita e poder sumerxirnos na maxia que agochan esas paredes de pedra.

O Convento de Herbón está relacionado co pemento de Herbón (din que foi un Franciscano que trouxo a semilla), coas lampreas (antigos donos das pesqueiras de Herbón)… e con moitas outras cousas que descubriremos nesta visita co Padre Honrubia e co Irmán José.

Na web de Turismo de Galicia podemos ver unha visita en 360 grados, imaxes… e ata o son das súas campás.

Agardámoste o domingo 8 de outubro! Inscricións en reservas@galiciaesmas.com / 676 81 46 74 ou na Oficina de Turismo de Padrón.

visita-guiada-herbon