Pascua
Tipo | Relixiosa |
Localización | Padrón |
Data | Comeza o Domingo de Ramos e dura arredor de quince días |




Descrición
As Festas da Pascua do Concello de Padrón, son uns dos festexos máis importantes que celebra a Vila Rosaliana, contando cunha tradición de séculos de antigüidade. En 1609 Xerónimo do Hoyo, cardeal de Compostela, escribiu sobre as nosas feiras de gando. Xa por aquel entón unas das máis importantes de Galicia, que se celebraban no Campo Grande e nun souto de castiñeiros, “chegando a elas todo xénero de mercadorías, de gandos, que ían comprar mercadores casteláns e portugueses, para provisión das súas terras” Realizábanse varias ao ano.
“A primeira é por Pascua de Flores e dura tres días, a segunda por Ledanías, e dura outro tres, a terceira, por San Xoán e dura dúas; a cuarta, pola nosa Señora de Setiembre e dura tres días, a última por Todos os Santos e dura dúas. As mellores son as de Pascua, Ledanías e setiembre”. (Xosé Fligueira Valverde, Pascua 1995). Arredor desta feira de gando, uníronse o carácter festivo e relixioso, xa que coincidía coa Semana Santa en proximidade de datas, converténdose actualmente nun referente das festas galegas.