Cantareiras da Asociación de Amas de Casa de Rois


As Cantareiras da Asociación de Amas de Casa de Rois levan varios anos cultivando a música tradicional galega. De sempre tiveron a inquietude pola nosa música, se ben nos últimos anos incrementaron esta vontade de aprender e formaron un grupo estable que rolda as vinte e cinco compoñentes.

Con voces e instrumentos de percusión de man, tales como pandeiretas, cunchas e similares, as Cantareiras repasan todas as semanas o repertorio durante dúas horas. Con cantos de Nadal ou diversas pezas chegadas de todos os puntos de Galicia, a agrupación ten participado en diversos encontros a nivel municipal, pero tamén na edición 2013 do Proxecto Interritmos que organiza a Fundación Paideia-Deloa.

Este grupo de mulleres, con idades superiores aos 50 anos, foi o pioneiro dos tres cos que colabora na actualidade o Concello de Rois. Faino a través das distintas asociacións de mulleres rurais para o desenvolvemento, por un lado da nosa música, e, por outro, para favorecer o envellecemento activo das súas compoñentes.

As Cantareiras da Asociación de Amas de Casa de Rois actuando
As Cantareiras da Asociación de Amas de Casa de Rois
Muiñeira corrida