Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

2.400 persoas participarán nos once eventos deportivos da Pascua

2.400 persoas participarán nos once eventos deportivos da Pascua

2.400 persoas participarán nos once eventos deportivos da Pascua

  • A 38ª Carreira Popular, a X Andaina Bisbarra do Sar e o torneo benéfico de fútbol sala Terras de Iria serán os máis concorridos
  • “Con once probas, moitas con gran prestixio en toda Galicia, o mundo do deporte mira cara Padrón nestas datas”, di o alcalde

O Concello de Padrón vai acoller a un total de 2.400 deportistas nos once eventos que se van celebrar no marco do programa de actividades da Pascua 2017, segundo se desprende dos datos de inscrición das distintas competicións. Entre elas destacan, polo volume de participantes, a 38ª Carreira Popular, a X Andaina Bisbarra do Sar, que xa tivo lugar o pasado día 1, e o I Torneo Benéfico de fútbol sala Terras de Iria.

O calendario deportivo da Pascua padronesa é o seguinte:

X Andaina Bisbarra do Sar Sábado 1 de abril 415 participantes
I Trail Bisbarra do Sar Sábado 1 de abril 112 participantes
XXX Raid Cabalar Sábado 8 de abril 35 participantes
Campionato Galego de Xadrez 8-14 de abril 300 participantes
VI Torneo de Fútbol Base 10-12 de abril 180 participantes
Campionato de Tenis (adultos) 11-15 de abrl 50 participantes
IV Campionato de Tenis (nenos) 19-21 de abril 20 participantes
I Torneo Benéfico Terras de Iria 13 e 14 de abril 432 participantes
38ª Carreira Popular de Pascua Sábado 15 de abril 750 participantes
V Torneo de Chave 19-21 de abril 24 participantes
55ª Clásica de Pascua Sábado 22 de abril 80 participantes

Ademais, tamén haberá outras probas, como o I Campionato de Pascua de Padrón de Agility no Campo da Barca, o Campionato de Fútbol Sala para adultos organizado polo Club FS Stellae no pavillón do Grupo Escolar ou a I Ruta de Marcha Nórdica cun percorrido de dez quilómetros que arrancará da Praza de Macías o Namorado.

O alcalde padronés, Antonio Fernández Angueira, quixo poñer en valor o amplo calendario de torneos e probas da Pascua 2017, que dá acubillo a practicamente todos os deportes, tanto os maioritarios como aqueles menos coñecidos entre o público: “Con once competicións, moitas delas con gran prestixio en toda Galicia, como a Clásica de Ciclismo, e sen esquecer certas doses de solidariedade grazas ao torneo benéfico, o mundo do deporte mira indubidablemente cara Padrón nestas datas”, explicou.