Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Leilía actúa en Padrón o vindeiro día 24 nas Festas do Santiaguiño

Leilía actúa en Padrón o vindeiro día 24 nas Festas do Santiaguiño

O vindeiro venres, día 24 de xullo, Leilía levará os sons do seu último disco ‘ConSentimento’ á Praza de Macías en Padrón. Será ás 23:45 horas, no marco das Festas do Santiaguiño. Antes  delas actuará a Asociación Cultural Arreixeira, coa que interpretarán algún tema conxunto. A entrada será de balde.

As compoñentes de Leilía recalan en Padrón dentro das Festas do Santiaguiño para engaiolar o público padronés co seu último traballo, ‘ConSentimento’,  “un espectáculo no que grupo aúna respeto, coherencia e madurez”, indican as súas integrantes. Ademais, as Leilía agardan con agarimo este concerto, xa que “Padrón é una localidade que sempre nos acolleu moi ben”, apuntan.

O público que se achegue o venres 24, ás 23:45, ás Festas do Santiaguiño para ver as Leilía comprobarán que ‘ConSentimento’ “é unha homenaxe ás mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega”, explican as integrantes deste grupo de música tradicional. A actuación está organizada polo Concello de Padrón e conta coa colaboración da Deputación da Coruña. A entrada é de balde.

Neste concerto poderanse escoitar melodías e sons rescatados do pasado, “que se retocan con instrumentos de hoxe e que se tecen con palabras actuais, para dar lugar a un espectáculo no que Leilía aúna respecto, coherencia e madurez”, insisten desde o grupo.

Tal e como apuntan as cantareiras, “Padrón é una localidade na que nos atopamos moi agusto”, xa que dúas das súas compoñentes, Felisa Segade e Montse Rivera, son profesoras de canto e percusión tradicional e baile —respectivamente— na Asociación Cultural Arreixeira. A dita Asociación fai 25 anos en 2015 e actuará na mesma praza que Leilía, se ben antes que as cantareiras. Ademais, ambas as dúas agrupacións interpretarán algún tema en conxunto.

Ademais de en Padrón, as Leilía actuarán o día seguinte, sábado 25, en Baiona. Se ben, non deixan de facer soar as súas voces e ferreñas, xa que o día 28 de xullo toman rumbo a un festival en Suecia, o 22 de agosto estarán en Negreira, o 25 de agosto en Noia o 11 de setembro en Ribeira e o 11 de outubro en Narón.