A Concellería de Turismo do Concello de Padrón acaba de editar novo material turístico de cara a campaña do 2015. Así, a oficina de turismo dispón xa de planos en formato block en 8 idiomas e unificáronse nun único folleto os 4 roteiros culturais existentes ata a actualidade. Deste xeito búscase poder ofrecer un mellor servizo dispoñendo de información traducida a diferentes idiomas, ata o de agora inexistente,coma o xaponés, o ruso ou italiano, que veñen a sumarse aos planos en alemán que a concellería editou, tamén por primeira vez, na pasada tempada. Os novos formatos permitirán ademais abaratar custos ao compendiar nun só folleto aqueles materiais que antes se editaban por separado.
No que atinxe aos planos en formato block, foron editados en dúas tiradas. Por unha banda configurouse o block de 4 idiomas (castelán, inglés, francés e alemán) cunha tiradade 30.000 planos para o 2015 e pola outra, unha tirada inferior en portugués, italiano, xaponés, e ruso.
O novo plano incorpora algunhas melloras con respecto ao anterior material editado:
No que atinxe ás catro rutas culturais existentes na actualizade (Traslatio, Literaria, Románica e Histórica) unificáronse nun único folleto dispoñible en castelán, inglés, alemán e xaponés.
Padrón aposta forte por un sector primordial para o desenvolvemento económico da vila rosaliana, e está en trámites de seguir optimizando recursos coa edición doutros materiais turísticos