Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Padrón supera a franxa dos 30.000 visitantes no 2014

Padrón supera a franxa dos 30.000 visitantes no 2014

Padrón supera a franxa dos 30.000 visitantes no 2014
• O municipio afiánzase como destino no Camiño de Santiago. Gastronomía e recomendacións son os outros motivos polos que a vila recibe as principais visitas.

Padrón pechou 2014 cun aumento importante de visitantes, un total de 31.443. Así, o reflicte o informe elaborado polo técnico municipal de turismo, no que se menciona tamén que un 84% visitou o municipio por primeira vez, fronte a un 16% que xa o coñecía de estancias anteriores. Ditas cifras non se rexistraban no municipio desde o Xacobeo 2004, cando, segundo os datos existentes, visitaran a vila 34.337 persoas. Despois da cifra acadada no 2004, a de 2014 é a segunda millor desde 1998.

Os datos sitúan ao Camiño de Santiago como motivo principal polo que percorrer o municipio (35%) Así, a información recadada amosa que o concello recupera peso na tradición xacobea e as medidas de promoción da concellería que dirixe Carmen Lois, cumpren coa intencionalidade de atraer novos visitantes.

Os turistas que se achegan a Padrón comprenden as idades de 36 a 60 anos principalmente, representando un 62% do total. Ademais do Camiño de Santiago, as recomendacións e a gastronomía son outros dos motivos polos que acoden á vila, cun 28% e 24 % respectivamente. En canto á súa procedencia, un 77% dos visitantes son nacionais, fronte a un 23% que proceden do estranxeiro. Dentro destes, o 96% son europeos, principalmente portugueses, italianos e alemáns. O 3% procede de América, sobre todo de Arxentina, Estados Unidos, e Canadá, fronte ao 2% restante que provén de Filipinas, Israel, Australia, Nova Zelanda ou de países do continente africano ou asiático, coma Xapón, Turquía, China ou Corea.

O número de persoas que se achegaron á Oficina de Turismo ascendeu a 31.443 visitantes, fronte aos 27.090 que se achegaron no 2013. Asturias, Madrid e Andalucía son, nesta orde, as comunidades das que se recibe maior número de visitas nacionais. O perfil de turista que se achega a Padrón é heteroxéneo, se ben, neste ano a súa gran maioría foron peregrinos realizando unha das súas etapas. O 75% da información que se proporciona desde a oficina de turismo é sobre Padrón e os arredores. O 25% restante, corresponde a información doutras partes de Galicia, tentando así dar un servizo o máis completo posible.

Un ano máis a oferta turística e cultural de Padrón estará presente no stand de Galicia na Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid este mes. Toda persoa que se achegue poderá atopar folletos informativos, planos da vila e material que resalta os atractivos padroneses. Ao longo do ano, Padrón tamén estará presente noutras feiras tanto nacionais coma internacionais