Radio: No
Radio:
km Set radius for geolocation
Buscar

Concurso de deseño de cabazas destinado a nenos e nenas de 3 a 14 anos. A composición debe levar un elemento que garde relación coa vila de Padrón e que será exposta entre o 16 e 31 de outubro.

As cabazas serán expostas no escaparate da Panadería San José e terán asignadas un número e indicando os anos do neno ou nena.

O sistema de elección das cabazas gañadoras será a través dunha votación popular.

Os premios:

1º- VALE CON VALOR DE  100 € PARA CONSUMIR EN CALQUERA DOS COMERCIOS DE PADRÓN + CESTA CON DOCES DO SAMAÍN DE PANADERÍA SAN JOSÉ.

2º- VALE CON VALOR DE 50 € PARA CONSUMIR EN CALQUERA DOS COMERCIOS DE PADRÓN + CESTA CON DOCES DO SAMAÍN DE PANADERÍA SAN JOSÉ.

3º- VALE CON VALOR DE  30 € PARA CONSUMIR EN CALQUERA DOS COMERCIOS DE PADRÓN + CESTA CON DOCES DO SAMAÍN DE PANADERÍA SAN JOSÉ.

O sábado día 31 de outubro ás 18h farase reconto dos votos na tenda con todas as persoas que queiran asistir e comunicarase a través das redes sociais e no propio escaparate da tenda aos/as gañadores/as . Haberá degustación de castañas asadas para as persoas asistentes.

Evento organizado pola Panadería San José dentro da programación do ‘Saborea Padrón 2020’ coa colaboración da Concellaría de Turismo de Padrón.