Igrexa parroquial do S XVIII. No seu interior atópase un retablo maior e dous laterales, un adicado ao Divino Redentor e outro á Virxe das Dores.
A construción do actual edificio ten a súa orixe nun manancial de auga ao que se lle atribúen certos poderes curativos, que xermola a poucos metros da fachada.
Na fachada hai unha imaxe de San Martín de Tours, posiblemente de finais do S.XVII.
Esta Igrexa comezou a construirse no ano 1711.
A capela garda unha imaxe da virxe dándolle de mamar ao neno. Na súa honra celébranse as festas principais da parroquia de San Xián de Laíño.