Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Showing 5 from 16 Items

Toggle Filters
Count
Sort by
Order

Construcción que se sitúa na segunda metade del S. XII, a nave conserva as ventás orixinais, así como unha porta lateral con arco de descarga.

Posúe tres retablos, o do presbiterio que é moderno e dous laterais neoclásicos, o da virxe das Dores, na capela, e o de Santo Antonio.

O retablo grande é de mediados do S. XVIII. Algunhas das imaxes poden proceder do taller do escultor José Ferreiro.

Esta igrexa ten a particularidade de que é a única entre as igrexas deste concello na que a torre campanario empeza dende o chan, separada a case dous metros da parede, formando un pórtico.

Seira é a comunidade parroquial máis antiga do concello de Rois, pois non hai moitos anos que no seu adro se atopou unha tapa de sarcófago de datas comprendidas entre o S. VI e S.VII.