Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

O Concello de Padrón elabora un estudo do comportamento turístico na localidade

O Concello de Padrón elabora un estudo do comportamento turístico na localidade

A Concellería de Turismo de Padrón está a traballar nun estudo do sector turístico da localidade, que se desenvolverá en dúas fases de traballo durante todo o 2016. Preténdese conducilo cara a modelos cunha menor estacionalización e que contribúan á posta en valor dos recursos naturais, culturais e históricos do concello. Para elo deseñarase unha investigación aplicada, que integre o coñecemento e a intervención sobre a realidade socioeconómica.

Deste xeito plantéxanse dúas fases:
1ª Estudo do perfil turístico coa realización dunha enquisa sobre o perfil e comportamento turístico, para plasmalo nun informe, coa correspondente avaliación do estado do sector turístico.
2ª Deseño dun plan de acción participativo ( presentación e debate dos resultados, e análise participativa con grupos de creatividade(sector público e privado) e deseño de accións e produtos turísticos).

Mediante o estudo do turismo en Padrón analizarase o impacto do turismo na vila , as súas fortalezas e debilidades, as necesidades de mellora e as oportunidades. Establecendo as tipoloxías de turistas e aqueles que se botan en falta que poderían ser captados tendo en conta os recursos e fortalezas do concello.
Mediante unha avaliación participativa co sector dos resultados, desenvolveranse actividades que servirán para crear novas iniciativas, produtos e accións para fomentar o turismo en Padrón, creando imaxe de destino.
Deste xeito tanto sector privado e público participará na elaboración de novas iniciativas e no deseño de novos produtos para Padrón.

Comments 0

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con