Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

O Pemento de Herbón, tema dunha nova ruta en Padrón

O Pemento de Herbón, tema dunha nova ruta en Padrón

A Concellería de Turismo de Padrón configurou unha nova ruta na localidade, a Ruta do Pemento, un dos principais motores gastronómicos e turísticos da vila. A ruta tivo un custe de 11.949.96€ dos cales a Axencia de Turismo de Galicia sufragou 8.394.60€ e o resto asumino o propio Concello.

Este proxecto permite ofrecer un novo servizo accesible ao visitante así como a posta en valor de distintos recursos naturais e culturais que forman esta ruta. O Pemento de Herbón e o principal elemento no que se centra este roteiro no que coñeceremos de primeira man os inicios do Pemento, a súa historia, comercialización, características do produto, e a evolución que tivo ao longo deste anos. Todo elo complementado polos elementos arquitectónicos que rodean este punto padronés, como é o Convento de San Antonio de Herbón, a Igrexa de Santa María e as pesqueiras da Lamprea, de orixe romano.

A ruta consta de 8 paneis tecnolóxicos, estando o primeiro na Oficina de Turismo de Padrón, de onde parte a ruta, os cales permiten o acceso a información sen mais que achegando un dispositivo móbil ao panel, representando un elemento accesible que facilita o acceso á información.

Deste xeito o Concello de Padrón pon á vila no mapa de destinos turísticos accesibles, dando visibilidade aos seus recursos empregando aplicacións tecnolóxicas de última xeración orientadas a un perfil de visitante afeito ás novas tecnoloxías.