O pregoeiro, o veciño de Iria Xosé Ramón García Bustelo, doutor e investigador no Centro de Investigación de Cancro en Salamanca, recordou os seus anos de infancia e xuventude en Padrón, xunto á súa familia e compañeiros.
Tamén falou das múltiples caras da Pascua, que definiu como un «calidoscopio onde caben moitas Pascuas». Así, mencionou a «Pascua do desexo do neno polas atraccións; das esmorgas dos mozos; dos bailes dos trouleiros; do encontro cas amizades; dos que estamos fóra e volvemos; das comidas familiares» ou a «Pascua do cabreo por non encontrar ónde aparcar», entre outras.
Máis información en La Voz de Galcia