Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Entrega de premios para tapas con pementos

Entrega de premios para tapas con pementos

O Concurso de Tapas con pementos de Herbón que por 4º ano organizou o Consello Regulador, no que participaron 9 establecementos hostaleiros fixo entrega dos premios deste ano.

As tapas que obtiveron os tres primeiros postos foron as dos seguintes establecementos:

1º   Ruta Xacobea, que o acada por 3º ano consecutivo.

2º   Retro-Visor

3º   O Secreto do Viño

Os premios consistiron nunha figura de cerámica dunha pementeira e diploma para o 1º, e diplomas para o 2º e 3º clasificado.

Os dous premios de 100 € que se sortearon entre os participantes que completaron a ruta corresponderonlle a Milagros Crego Taboada de Padrón, e Emma Rey Neo de Rois.