Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Dende a concellería de Turismo de Padrón con motivo do Ano Santo 2021 imos editar un libro de artigos e imaxes que mostren a forte vinculación da vila co fito histórico da chegada do Apóstolo a Galicia.

As persoas interesadas en participar na realización deste libro coa creación dun artigo ou con imaxes xa poden enviar a súa colaboración.

Poden ser artigos que mostren a importancia do patrimonio histórico e cultural que xira arredor da figura do apóstolo Santiago, da súa predicación e chegada a terras galegas, sobrea a tradición oral e patrimonio inmaterial que rodea a súa figura, etc.

O prazo para enviar os escritos e as imaxes rematará o vindeiro 31 de marzo. O e-enderezo para envialos é turismo@padron.gal, dende este departamento organizaremos toda a información que se reciba para por en marcha a publicación do libro. As claves para participar neste proxecto editorial son o envío no prazo indicado en formato word ou PDF no caso dos artigos e en PNG, TIFF ou JPG no caso das imaxes, que ademais deben ter unha resolución óptima. Asemade os textos achegaranse en galego normativo –dende o departamento de Turismo só se corrixirán cuestións relacionadas coa ortografía ou de adaptación á normativa vixente, en ningún caso cuestións de estilo-.

Comments 0

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con