Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Programación para o Nadal no Concello de Padrón : 

  • VENRES 4 de decembro ás 18.00h. TALÍA TEATRO: ‘Lambetadas’. Público infantil – familiar.
  • VENRES 4 de decembro ás 20.00h. ACENDIDO DAS LUCES DE NADAL.  A partir das 18.00h concerto da Banda Municipal de Padrón na praza de Macías. Polas prazas da vila haberá postos de palomitas, gofres, chuches, un castañeiro e un obradorio de globoflexia.
  • VENRES 11 de decembro ás 18.00h. CONCERTO: ‘Música do cine infantil’. Público infantil – familiar.
  • SÁBADO, 12 de decembro ás 19.00h. BANDA MUNICIPAL DE PADRÓN: Concerto de Nadal.
  • DOMINGO 13 de decembro ás 18.00h. SONS BARROCOS NAS TERRAS DE IRIA: Concerto de música barroca na Colexiata de Iria Flavia. Público adulto. (Aforo limitado. Acceso sen entrada por orde de chegada).
  • VENRES 18 de decembro ás 18.00h. TEATRO GAZAFELHOS: ‘Monstros no camiño’. Público infantil – familiar.
  • SÁBADO 19 de decembro ás 11.00h. TECENDO SOÑOS. Concerto sobre os cantos de arrolar. Público infantil – familiar.
  • MÉRCORES 23 de decembro ás 18.00h. CHARO PITA: ‘A familia Papaventos’. Público infantil – familiar.
  • SÁBADO 26 de decembro ás 11.00h e ás 12.00h (2 sesións). CARAMUXO TEATRO: ‘Catro’. Actividade para bebés de 0 a 3 anos.
  • LUNS 28 de decembro ás 18.00h. CULTURACTIVA: ‘Rogelio, un payaso en recuperación’. Público infantil – familiar.
  • MARTES 29 de decembro ás 18.00h. CULTURACTIVA: ‘Bandullo Azul’. Público infantil – familiar.
  • MÉRCORES 30 de decembro ás 18.00h. A LABERCA: ‘A tartaruga Manola’. Público infantil – familiar.
  • MÉRCORES 6 de xaneiro de 2021 ás 19.00h. BANDA MUNICIPAL DE PADRÓN: Concerto de Reis. Público adulto.

AFORO LIMITADO.- Retirada de entradas (de balde) a partir do luns anterior ao dia do espectáculo no Centro Social de Padrón, de luns a venres de 9 a 14 h. No caso de quedar prazas libres poderase acceder sen entrada 10 minutos antes do comezo da actuación.

Para o acceso ao Auditorio Municipal é obrigatorio cumprir o protocolo sanitario: uso de máscara, desinfección de mans e distancia de seguridade.

Comments 0

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con