A Casa Antiga do Monte é unha típica casa rural galega. Aínda que o hotel é de nova planta, quíxose conservar a estética do legado arquitectónico desta zona de Galicia. Os amplos balcóns con varandas de ferro forxado, as fachadas de pedra de cantería e os espazos expeditos son unha clara mostra de elo. O conxunto conquista á primeira vista pola imaxe señorial que proxecta.
No seu interior combínanse muros de pedra espida nas zonas comúns, con paredes empapeladas en tons suaves nos cuartos. A típica lareira, habitualmente acesa, preside o amplo salón comedor, mentres que o resto das estancias abrigan os desexos de tranquilidade tan ansiados polo hóspede.
No seu xardín, impoluto, mantense un hórreo do século XVIII xunto a unha glorieta e unha espazosa piscina con estupendas vistas sobre os arredores.
O hotel rexéntao o fillo do propietario cun equipo de xente nova que puxeron moita ilusión no proxecto.
A casa conta con amplas estancias de ambiente cálido e acolledor, con baño completo e televisión LCD con FullHD, teléfono, música ambiental, conexión a internet wifi, terrazas e balcóns exteriores.
Ademais poderá gozar da súa magnífica piscina, glorietas exteriores con grella, pista polideportiva, sauna, sala cardio-fitness… e a poucos minutos de campo de golf, piragüismo, pesca…