No lugar de Imo, en Dodro, encóntrase a Casa do Corral, cuxa antigüidade data de principios do século XVIII. Restaurada recentemente, combina os mobles antigos de castiñeiro, típicos de Galicia, cos modernos na súa cociña totalmente reformada con: microondas, cafeteira eléctrica, torradora, forno eléctrico, neveira etc.
Consta de dous cuartos, un principal de 20 m2, amoblado completamente, con roupeiro, cama y mesas de noite de castiñeiro vello de máis de cen años de antigüidade e unha lacena. O cuarto pequeno, de 12 m2, está totalmente forrado en madeira nos teitos, solos e paredes; e conta con cama de matrimonio.
A casa, totalmente restaurada na súa vivenda, estaba dedicada aos labores de labranza e localízase cerca das famosas “Brañas de Laíño”, cantadas por Rosalía de Castro nos seus “Cantares Gallegos”.