Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

En Padrón, xunto á ponte de Santiago, podemos facer unha parada ante a fonte do Carme para beber un grolo das súas augas naturais. Foi construída por Pedro de la Barcena en 1577. Consta de tres corpos, no inferior atópase a Virxe das Dores, protectora das parturientes. No corpo central apréciase a representación da traslación do Apóstolo Santiago polos seus discípulos a estas terras. E xa no corpo superior pode contemplarse o bautismo da Raíña Lupa polo Apóstolo Santiago.

No século XVIII foi reconstruída, tal e como indica a inscrición que rodea o seu arco e que informa que se reedificou cando reinaba o señor D. Carlos III, época en que estaba de alcalde Don Joaquin Foxi Bendaña, no ano 1789. O interior da fonte alberga unha placa onde se indica que o ilustrísimo señor D. Manuel de Sanlocar, bispo de Sidonia, lles concedeu 40 días de indulxencias a todos os que devotamente rezasen unha salve diante da imaxe da virxe.

Opening Hours

Monday

-

Tuesday

-

Wednesday

-

Thursday

-

Friday

-

Saturday

-

Sunday

-

Address & Contact

Our Address

-

GPS

42.739055, -8.6626136890685

Telephone

-

Email

-

Web
Preme no botón para mostrar o mapa