O Hotel Restaurante Marinovo é un confortable hotel de trato familiar situado na estrada que vai dende Santiago a Noia. A súa ubicación en Urdilde convérteo no lugar ideal para o seu descanso e para visitar as zonas máis turísticas de Galicia, xa que se atopa a poucos kilómetros de Santiago de Compostela e a unha hora aproximadamente de outros lugares de interese como A Coruña, Vigo, Pontevedra, e sa fermosas praias das Rías Baixas.
O hotel está rodeado de zonas verdes, tranquilas e con fermosas vistas acadando así o descanso de todo visitante.
Ademáis do servizo de hotel, o cliente tamén poderá desfrutar do servizo de restaurante e cafetería, no que se pode degustar a cociña tradicional galega.
O equipo profesional estará encantado de servirlles en todas as súas necesidades. Nas proximidades do hotel atopará unha parada de taxis e de autobuses.