Este emblemático edificio do século XVI, antiga mansión de recreo dos arzobispos composteláns, eríxese nunha superficie amurallada de 50.000 m2 de bosques e xardins, a tan só 300 metros da histórica vila de Padrón, berce do Premio Nobel Camilo José Cela, e última residencia da gran escritora galega Rosalía de Castro.
De corte clásico e intimista, as aínda patentes orixes eclesiásticas e o coidado interiorismo, fusión maxistral de tradición e modernidade, convirteno nun acolledor refuxio onde depurar a alma e o espírito.