O Hotel Terra é un paraíso que forma parte do complexo onde se encontra situada A Casa Antiga do Monte. O seu contorno rural, a súa privilexiada situación e un ambiente exclusivo fan deste hotel un verdadeiro soño.
Contemplar e gozar do campo e do monte, cos seus aromas silvestres e naturais, ben sobre o terreo ben dende as súas balconadas ou sorprendentes miradoiros e con preciosas panorámicas, son algúns dos praceres que converten a súa visita nunha estancia no paraíso.
O Hotel Terra conta con 6 cuartos (4 especiais e 2 dobres estándar), con televisores LCD con FullHD, música ambiental, teléfono, internet wifi, jacuzzi, balcóns exteriores, piscina, sala de fitness, sauna, xardíns con estanques e fervenzas.