O actual edificio é de cruz latina.
A fachada ten a particularidade de que é a única entre as igrexas deste concello na que a torre campanario empeza dende o chan, separada a case dous metros da parede, formando un pórtico.
Ten tres interesantes retablos. O máis antigo é o retablo da virxe do Rosario. Hai un cadro lenzo de grandes dimensións no que se representa a virxe sentada co neno Xesús sobre o xeonllo dereito.