Ten unha planta de cruz latina. A actual obra empezou no ano 1715, aproveitando como materiais construtivos restos antigos, posiblemente xa empregados na igrexa anterior, como acontece cunha ara romana e unha inscrición, quizais tamén da mesma época, que se ven no exterior da capela correspondente ao lado do evanxeo, a parte máis antiga do edificio.
Sobre o portal hai unha imaxe da Virxe da O ensinando a man dereita e collendo o ventre coa man esquerda, quizais do S.XVII.