A construción do actual edificio ten a súa orixe nun manancial de auga ao que se lle atribúen certos poderes curativos, que xermola a poucos metros da fachada, e que dende tempos inmemoriais está canalizada ata un pozo que hai no interior da igrexa.
A planta da igrexa é de cruz latina, a fachada queda oculta en parte debido á localización do edificio, para asentarse sobre o manancial de auga. Sobre a porta principal hai unha imaxe de San Vicente de mediados do S.XVIII.
Conta con cinco retablos dos que, polas súas dimensións e valor artístico, destaca o retablo do presbiterio. O máis antigo é o retablo da virxe do Rosario.