A planta da igrexa é rectangular, de case 23 metros de longo por 6 de ancho. Por tradición, os veciños din que a igrexa antiga estaba situada no lugar de Aldea Grande, non hai dúbida que na actual localización ou preto había unha construción relixiosa, tal e como o evidencian varias pedras de diferentes motivos ornamentais, que se empregaron na obra barroca.
Conta con varios retablos, entre os que destacan o retablo do presbiterio, de estilo barroco de mediados do S.XVIII, e o retablo da Virxe das Dores, de estilo neoclásico.